30 setembro, 2007

Cousas

Cantas cousas se poden facer nun día? Cantas se deben facer para que non semelle que fuxiu, baleiro de contido, Para sempre?

24 setembro, 2007

Breve encontro

Sobrevoabas un día o meu espazo aéreo
rozándome coas plumas levemente
e desaparecías cun rumor minguante
como a visión dun soño
fracasado.

Lois Pereiro

Nordés

Non, non me viría mal unha rosa dos ventos.
Si, e tamén que acalmase este maldito nordés que non cesa de me zoar nos ouvidos e me arrefría no adentro.

19 setembro, 2007

Avelaíña

Debezo por arder
na chama

16 setembro, 2007

Encalmada

No vórtice da tormenta
non ventea

13 setembro, 2007

Río Entíns

Haiche, seica, un tempo para cada cousa e, tras magoar o costelame, será cousa de ir mirando por unha mecedora.

12 setembro, 2007

Vellouco (máis un)

Seguimos a sumar

Rendez vous

Xa me tarda de máis a parolada. Cazaría salvaxe, ou non, e o que faga falta. Xa sabes, apúntome a un bombardeo...

02 setembro, 2007

Tarkovsky

Unha vantaxe da ignorancia é a capacidade de asombro ao descubrir novas poéticas.