27 março, 2007

(In-) certezas

Nin sombra de sombra son
ou
si son?

Valquiria

... e sentíu o murmurio divagando polo interior da súa pel, aló, nas profundidades, e caeu polo precipicio da derrota. Afogou no abismo descoñecido, na raíz de ausencias, e berrou na cegueira do sartego. E así se ergueu, e así loitou na adversidade. Hibernou como morcego na cova da incerteza, mais, sen lamentación, escachou o muro. Eclosionou a crisálida erixíndose no vento.
As miñas desculpas a Moralla por parafrasear dun xeito tan burdo a súa obra.

23 março, 2007

Quencendo motores

Proxectando ilusións, novas
- inútiles?-
miraxes.

21 março, 2007

Adeuses

- Foisenos o noso amigho, díxolle emocionada Pilarita a miña nai no camposanto. Foise, si. Que máis podo eu engadir?

19 março, 2007

Nana

Durmir, lindo michiño.
Durmir, si, e refregarte nunhas pernas suaves e cálidas.
Durmir. Durmir nun teu regazo acolledor.
Durmir, e acougar, á fin.

12 março, 2007

(Cinco anos) e tres días (despois)

...e do limoeiro agromaron de súpeto cinco enormes e fermosas laranxas...
Salón Teatro de Cidadepedra. Outubro do 04

10 março, 2007

Peluche/ Haiche días (2)

Quizais existan as palabras apropiadas. Quizais existan. Mais eu non as atopo.

Afastado oeste

Lucidez iconoclasta

05 março, 2007

Ladrón

O lindo michiño que me rouba súpetos sorrisos nas rúas de Cidadepedra