27 novembro, 2006

Exhibicionismo

Últimas aprendizaxes:
1. Teño unha faceta exhibicionista. Este blog.
2. O desexo de trascender é, seica, consustancial a nosa natureza. Pode ser por medio dos fillos, das amizades ou... da creación.

25 novembro, 2006

Outubro ( Haiku soviético )

Non foron os atlantes
quen de inpedir a caída
do pazo de inverno.

21 novembro, 2006

Rumbo a Maluco

Adeus amigo poida que aínda nos vexamos nalgures

18 novembro, 2006

Queiruga

Pechei os ollos
e todo se fixo mar
materia azul tracexada na memoria
cons, coídos e furnas
pes nus a esfolarse no cunchal.

16 novembro, 2006

Cabodomundo

Cales son os límites exactos
da beleza?

Presuntos culpábeis

Están o Liceo de Noia e a Casa da gramática, tamén Barbantia e Xerais. Están os que se nomean pero tamén moitos máis. Non están os que sempre se esquece. Tampouco están os que non se esquece, mais nin queren nin se quere nomear en alto.

12 novembro, 2006

Tarabelo

Quen puxo tarabelo
os soños?

11 novembro, 2006

Up the rock

E El estaba alí. Lóxica aplastante

Haiche días

Hainos, si, nos que se precisa de antiinflamatorios para o ego inflamado. Outros nos que toca sobredose de estimulantes para a decaída autoestima. Estes últimos mellor se chos besbellan á orella

07 novembro, 2006

No souto

Nada máis decatármonos do que estaba a contecer, mesmo antes de poñerlle nome, compartimos todos os oito a sensación de estar a vivir un momento máxico, un dos que, a pesar da súa intrascendencia, se recordan toda a vida. A folla estaba a caer!

02 novembro, 2006

Pequena miss sunshine

Cal é a diferenza entre gañar e perder, entre ser un triunfador ou un fracasado? Cal o límite intanxible entre a ironía e o sarcasmo?

Merenda

Tamén, ás veces, chega a hora da merenda.