26 setembro, 2006

Velo-micho

Acredito que a fuxida tan só leva ata Os límites do inimaxinable.

21 setembro, 2006

Resistencia - 2

Seguimos coa creación. Estivemos o 14 no CGAC e vimos as postais de Virxinia Polke: é crear unha forma de resistencia?

20 setembro, 2006

Senecio (procurando respostas)

En que consiste o oficio de escritor?

Galiza-Irlanda (A Moa - 3)

O terreo de xogo é agora un ermo pedreiro. Apenas unha portería fica ergueita. Mais aquí, Olimpo celta, xogou a nosa selección castrexa...

19 setembro, 2006

A Moa - 2 (licor café)

Primeiro foron os chourizos cunha botella de blanco do condado. Logo, no cumio, bocatas, empanada e sobremesa, todo con tinto, tamén do condado. O licor café veu despois, pero chegou. Foi en Esteiro, na Casa dos mestres, nunha espléndida demostración de hospitalidade.

18 setembro, 2006

Resistencia: Proxecto aproa

Como se chega a espoñer no CGAC?, preguntáchesme a noite anterior á inauguración. É preciso que resposte? Queda feita dende aquí a invitación a facer comentarios.

Subida á Moa

17 de setembro. Ascendemos ao alto da Moa ensumidos na néboa, entre a paisaxe irreal do pedregal granítico e o bosque pétreo, reminiscencencia da apocalipse do lume.

13 setembro, 2006

Xogando con fotoshop

Agasallo de aniversario: Tichu instálame un fotoshop e xogamos un par de horas dándolle ao carajillo e a pinta de guiness. Manda carallo na Habana co que tal se fai cunha foto, esta é na praia das Furnas o pasado mes de xullo.

12 setembro, 2006

Corenta

Canto tempo son 40 anos?

08 setembro, 2006

Maelström

Por que crin ver o Maelström no que tan só era unha pucharca lamacenta?

04 setembro, 2006

Primeira entrada

Inauguramos este blog O Santichu, Sobriño e máis o Nhusko na noite do 4 de setembro no Avalón calzándonos con birras e descafeinados de máquina